Skip to main content

Comunidades locais e Camiños de Santiago, obxecto de debate na USC

Este foro dispón de catro modalidades de participación: presentacións de comunicacións, paneis, proxectos ou participación sen comunicación. O primeiro prazo para a recepción de propostas remata o 3 de setembro. A inscrición no congreso organizado pola Rede Galabra poderá realizarse entre os días 10 e 25 do mesmo mes.

“A partir da década dos 80 do século pasado, os Camiños de Santiago experimentan unha nova visibilidade internacional”, explican dende o comité organizador. “O interese das entidades públicas de Galicia por promover o turismo e a imaxe do territorio, unha nova dinamización da construción (tamén en termos de identidade) europea (da actual UE); ou, aínda no cadro da Guerra Fría, a activa intervención de promoción da Igrexa católica, fixeron que –con data emblemática no evento Xacobeo de 1993 – os Camiños de Santiago pasaran a converterse nunha realidade moi presente en numerosos territorios peninsulares e europeos atravesados pelos diferentes itinerarios”, engaden.

Neste senso, o foro servirá para afondar en se o fluxo de persoas peregrinas aumenta a autoestima e reforza a identidade propia das comunidades ou, se pola contra, conforma un elemento perturbador. O congreso tamén se erixe nun marco acaído para profundar en se os Camiños conforman un incentivo para a economía e a produción local. Estas e moitas outras preguntas pretenden ser obxecto de análise “nun momento crucial”, explican, pola dinámica xerada polos Camiños nos últimos trinta anos e pola situación pandémica.
Universidade de Santiago de Compostela