Skip to main content

O Festival de Ortigueira anuncia as datas de celebración da edición de 2022, que será a máis longa da súa historia

As datas seleccionadas son desde o domingo 10 ata o domingo 17 de xullo de 2022, incluídos. En total, 8 días de programación.

Despois de toda a espera, a organización redobrou esforzos co obxectivo de que en 2022 todos os que botaron de menos o noso festival poidan volver vibrar coa mellor música Celta, da man de grupos traídos desde diferentes partes do mundo. Nesta edición do festival poderase gozar tanto da música e as actividades, como da gastronomía e a artesanía que ofrece a feira, para coñecer xente de diferentes culturas e para desconectar coa rutina e volver compartir unha convivencia e unha cultura que nos fai únicos. Esta edición contará con aínda máis concertos, pasacalles, talleres e actividades do que estamos afeitos, os cales estarán repartidos durante o oito días de duración, propondo unha das ofertas culturais máis atractivas de toda Europa.

A programación centrarase en traer aos grupos de referencia do panorama Celta, pero cunha especial atención, que se reforzará en 2022, aos grupos galegos e novos valores da música tradicional galega. Neste sentido, a edición do próximo ano contará con nove actuacións moi especiais: os gañadores das edicións de 2020, 2021 e 2022 do Concurso Runas para novos valores da música Celta, que se unirán aos dous gañadores da última edición presencial que se celebrou en 2019, os xaponeses Yuki Kojima Band e os galegos Dequenvessendo.

Durante os próximos meses iranse confirmando as identidades dos artistas que formarán o cartel da programación do verán de 2022, así como dos concertos do Festival non teatro, previas ás datas sinaladas da segunda semana de xullo, dos que dalgúns deles xa formaban parte da programación prevista para este 2021.
Festival de Ortigueira