Skip to main content

Susana Seivane inaugura en Ribeira o ciclo 'Concertos do desconfinamento'

Susana Seivane comezou a tocar a gaita no balcón da súa casa durante o confinamento para animar aos seus veciños de Pravio (Cambre). Gravábao cada día para retransmitilo posteriormente polas súas redes sociais.

Miles de siareiros conectáronse á cita diaria desde todos os puntos do planeta, converténdose nunha das accións musicais con máis repercusión durante o aillamento. Ducias de medios de comunicación recolleron o fenómeno, espallando por todo o territorio o triunfo da proposta da gaiteira como unha acción viral solidaria baseada na reafirmación de identidade para os galegos da diáspora.

A acción

Máis de cincuenta retransmisións a través de Facebook e Instagram, sen perder o espíritu inicial, Susana presentaba en exclusiva o contido para os seus veciños e posteriormente, ofrecía a actuación a través das súas redes para o resto do mundo.

Susana Seivane interpretará pezas vencelladas ao noso patrimonio musical, prestando especial atención á relación entre os temas e os lugares escollidos para celebrar os concertos. O repertorio será diferente para cada edición.
Concertos do Desconfinamento