Skip to main content

Vense de constituir a Federación internacional de Asociacións do Camiño Portugués de Santiago

A posta en marcha desta federación reforzará o papel das asociacións de amigos do Camiño de Portugués tanto en Galicia como no país veciño á hora de traballar a prol dos valores tradicionais da peregrinación e da súa preservación e difusión.

Este acordo prodúcese no ano no que a Xunta, a través da Consellería de Cultura e Turismo, dedica as principais accións do Plan director do Camiño de Santiago ao Camiño Portugués e ao Camiño Portugués da Costa, coa súa sinalización e mellora ou actividades de dinamización cultural e promoción, entre outros.

Neste sentido, Galicia e Portugal están a traballar xuntas no proxecto europeo "Fazer Caminho", que aspira optimizar as sinerxías ao redor da ruta xacobea neste territorio.

O Camiño Portugués, con máis de 62.000 peregrinos, estase a consolidar como o segundo itinerario más percorrido cun crecemento do 14,5%. Pola súa banda, o Camiño Portugués da Costa recibiu no que vai de ano máis de 12.000 peregrinos, o que supón un 88% máis.
Xunta de Galicia