A Rede Cultural da Deputación da Coruña leva case setecentas actuacións ao verán dos concellos

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que “a idea é que toda a nosa veciñanza poida gozar da cultura en igualdade de condicións, máis alá dos recursos dos que dispoña cada municipio”, a través dun circuito que, segundo engadiu, “quere fomentar o traballo e os proxectos das nosas creadoras e artistas e difundir a produción cultural de maneira ampla, seguindo o noso lema de que a cultura é un dereito”.
Co obxectivo de potenciar o desenvolvemento de actividades culturais por todo o territorio, difundir a cultura galega, e seguir a incrementar a participación das veciñas e veciños nos espectáculos, a web da Deputación pon por primeira vez a disposición da veciñanza "unha axenda na que se inclúen a totalidade dos espectáculos do circuíto cultural", e na que se poden consultar os emprazamentos e os horarios das actuacións.
Así, o calendario da Rede Cultural 2018 pódese consultar na seguinte ligazón da web Deputación da Coruña que ofrece a posibilidade de distintas búsquedas, entre elas, por concellos:
https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/redcultural/agenda
Deputación da Coruña