Skip to main content

Presentada a 35ª Edición da Carballeira de Zas, máis folk ca nunca

Sanmartín resaltou “a importancia deste festival de referencia con gran presenza de música galega que se funde co entorno natural”, así como “a superación e esforzo por ter un cartel mellor cada ano”. A súa vez, o director do festival, Fidel Otero, confirmou que este ano o festival volve máis folk que nunca.

Este ano a Carballeira vólvese máis folk ca nunca, traendo artistas dende diferentes puntos de Galicia, España Europa e Asia, contando coa presenza do grupo xaponés Harmonica Creams, que actuará o sábado día 4 no escenario Estrella Galicia, despois da actuación do galego Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre. A continuación dos nipóns completarán o cartel do sábado os escoceses Mànran, (cabezas de cartel xunto con Xabier Díaz), e pecharán a noite os galegos Astarot.

En canto o venres, abrirán a 35 edición, tamén no escenario Estrella Galicia, os galegos Pelepau, a continuación actuará a irlandesa Niamh Ní Charra, SES e o peche do primeiro día será a cargo de The Fatty Farmers.

As entradas para o festival poderanse mercar dende hoxe mesmo na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10€, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€. A venda en taquilla será de 15€, bono de dous días.

Como en pasadas edicións os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños y duchas.

Evento familiar

Un ano mais, a tarde do sábado na Carballeira de Zas está pensada para o desfrute de maiores y pequenos, contando con unha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir de las 14h.
Festival da Carballeira de Zas