Presentada en Rinlo a Festa do Percebe, que terá lugar o vindeiro sábado

O rexedor salientou que “a agrupación de percebeiras, que pertence á confraría de pescadores de Ribadeo, están afanadas traballando e apañando o percebe nestes últimos días nos que as mareas non son demasiado grandes, e nos que o mar que arrecia fortemente, pero están facendo todo o posible para ter todo canto percebe poidan vender e ofrecer ao público durante toda a xornada deste sábado 12. Será ao prezo do ano anterior, 13 euros a ración”.
Fernando Suárez quixo “convidar tanto desde a agrupación de percebeiras como desde o Concello de Ribadeo, desde a área de Turismo especialmente, a todas aquelas persoas que se pasen pola Mariña que non deixen de vir a Rinlo a degustar os percebes, que non deixen de participar nun dos eventos máis bonitos e fermosos de toda a tempada estival na Mariña de Lugo”.
Concello de Ribadeo