Skip to main content

Noticias

  • O Goberno galego entregou esta mañá no Ministerio de Cultura y Deporte a documentación da Candidatura da Ribeira Sacra para a súa revisión e envío á UNESCO que, previsiblemente, acontecerá antes concluír este mesmo mes de xaneiro. Galicia conta cun vasto patrimonio cultural material recoñecido pola UNESCO e incluído na Lista do Patrimonio Mundial: a Cidade vella de Santiago de Compostela, os Camiños de Santiago de Compostela: Camiño Francés e Camiños do Norte de España, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules. A Comunidade avanza agora no impulso de tres novas candidaturas: a Ribeira Sacra, as Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e a Cidade de Ferrol-Porto da Ilustración.
  • Galicia achega máis do 60% dos proxectos que desenvolve o Consejo Jacobeo no marco do Xacobeo 2021, liderando así a remisión de propostas a este órgano de coordinación entre as autonomías polas que pasa o Camiño de Santiago e o Goberno central. En concreto, das 92 iniciativas aprobadas por este ente, un total de 58 –o 63%– foron presentadas pola Xunta de Galicia, tal e como se informou hoxe no marco da xuntanza da Comisión Organizadora do vindeiro Ano Santo, que está integrada por representantes de diferentes departamentos da Xunta, da Igrexa e do Concello de Santiago de Compostela.
  • O ano 2019 caracterizouse en Galicia por ser un período cálido e húmido. Esta é a principal conclusión do balance climatolóxico realizado por MeteoGalicia, que no avance do seu informe anual subliña sobre todo a anomalía rexistrada nas temperaturas medias, lixeiramente por riba dos valores agardados, e tamén nas precipitacións, cun 15% máis de chuvia recollida do previsto. Tomando como referencia os valores medios das estacións máis representativas da comunidade durante o período 1981-2010, a principal conclusión é que, entre os meses de xaneiro e decembro, a temperatura media no conxunto da comunidade situouse nos 13,8 graos, é dicir, 0,2 graos máis do esperado.
  • A presentación de hoxe dá continuidade ás accións emprendidas o pasado ano cando se celebraron en Galicia as primeiras reunións técnicas para dar a coñecer o modelo de xestión así como os traballos de cara ao vindeiro Ano Santo. Tamén se realizaron visitas de campo para coñecer a rede pública de albergues da Xunta, amosando o traballo na rehabilitación de inmobles para a acollida de peregrinos tomando como exemplo o Camiño de Fisterra e Muxía. Fazendo o Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V (POCTEP) e desenvolverase ata o ano 2021, cunha serie de actividades que buscan mellorar a xestión conxunta e a afluencia turística do Camiño de Santiago, así como incrementar a implicación local na conservación e protección da ruta xacobea.
  • A área de Turismo da Deputación da Coruña percorre a través dunha serie de seis vídeos os 956 km de costa da provincia, dentro da súa campaña de promoción turística. O obxectivo é difundir un dos principais recursos da provincia con imaxes do litoral desde Ortegal até Rianxo. Dando corpo ao lema da campaña de promoción turística da Deputación da Coruña "956 km de costa e un camiño infinito dan para moito", a área de Turismo difunde seis vídeos promocionais que fan un completo percorrido polo litoral da provincia desde o aire, con especial fincapé nas principais praias da costa e a paisaxe sobrecolledora dos cantís, pasando pola beleza dalgúns portos mariñeiros.
  • O programa especial de apertura da Porta Santa e inicio do Xacobeo 2021-2022 emitido por streaming e pola TVG foi seguido por máis de 1,5 millóns de persoas de 33 países, que conectaron nalgún momento co programa a través das diferentes canles, redes sociais e emisións que cubriron o acontecemento. O maior número de seguidores produciuse a través das redes sociais oficiais de Turismo de Galicia e Camiño de Santiago a través das que se conectaron 1,4 millóns de persoas. Os contidos publicados nestas redes suman preto de 1,7 millóns de reproducións e máis de 25 mil likes.
  • O turismo internacional está a gañar cada vez máis peso na Comunidade galega ata rexistrar cifras nunca antes alcanzadas, con crecementos superiores ao 10% tanto en número de viaxeiros como no volume de noites. Así o constatan os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que fixan en máis de 1,4 millóns de turistas estranxeiros e preto de 2,5 millóns de pernoitas contabilizadas ata o mes de novembro. Así, a falta de computar os datos do mes de decembro, o mercado estranxeiro está a demostrar ser decisivo na positiva evolución do turismo galego en comparación co conxunto de España, onde Galicia está a ser o destino co mellor comportamento.
  • Galicia rexistrou ao longo do ano 2018 a mellor evolución da súa poboación dos últimos nove anos, segundo reflicten os datos do Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2019. A poboación de Galicia a 1 de xaneiro de 2019 situouse en 2.699.499 persoas, o que supón un descenso do 0,08% en comparación coa mesma data do ano anterior, a mellor evolución do padrón municipal galego desde o ano 2010. Esta mellor evolución da poboación galega é consecuencia directa do bo comportamento do saldo migratorio, toda vez que Galicia conseguiu atraer milleiros de novos habitantes procedentes de fóra da comunidade autónoma.
  • Galicia superará este ano por segunda vez na súa historia os cinco millóns de turistas. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), á espera de contabilizar os últimos datos de novembro e decembro, a nosa Comunidade recibiu máis de 4,8 millóns de turistas que realizaron 10,4 millóns de pernoitas. Así pois, de manterse a evolución rexistrada ao longo dos últimos meses, este 2019 remataría superando a barreira histórica dos cinco millóns de viaxeiros, algo que só tivo lugar no 2017, cando se contabilizaron preto de 5,1 millóns de turistas.
  • Co obxectivo de consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo, Galicia acolle hoxe as primeiras accións do proxecto europeo Fazendo Camiño no que a Xunta participa xunto a Turismo Porto-Norte de Portugal, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Ao abeiro deste proxecto, a Xunta asesorará ao país luso na súa xestión, sinalización, mantemento, promoción e divulgación ao redor do Camiño de Santiago. Fazendo Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V .